📗 Libro en gallego ESES NOBRES CAZADORES

XERAIS - 9788475074436

Biología Mamíferos

Sinopsis de ESES NOBRES CAZADORES

Eses nobres cazadores, unha guía completa dos mamíferos carnívoros que bastante penosamente resisten aínda persecucións e odios moitas veces infundados. Son os que viven en Galicia, que crían, medran e morren en Galicia, aínda que tamén se engade un apartado final para aqueles que están aquí " importados " . E así, xunto ó lobo, o raposo, o oso aínda vivo nas montañas do Courel, as donicelas ou o teixugo, fálasenos tamén do visón en granxas, da aparición de Cuquita (a foca que veu do norte) ou do lince ollado unha soa vez. Vén asinado por Xurxo de Vivero, que xa antes compuxera o volume adicado ás Donas do vento, as aves rapaces de Galicia. E igual que naquel caso, a literatura engárzase sabiamente coa ciencia para deleitarnos e facernos partillar, mesmo desde o sillón da casa, paisaxes e sentimentos que a natureza aínda permite. Con el coñeceremos non só a descrición do animal, senón tamén os seus costumes, a súa sicoloxía. O libro contén un importante apartado gráfico onde se expoñen fotografías a toda color e debuxos en branco e negro e a color de tódalas especes das que se falou, para poder recoñecer, ou só recrearse en actitudes ou detalles de cada un destes fermosos cazadores.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475074436

Idioma: Gallego

Número de páginas: 168

Encuadernación: Encuadernación en tela

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 1990

Plaza de edición: Vigo
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por XURXO DE VIVERO


Descubre más sobre XURXO DE VIVERO
Recibe novedades de XURXO DE VIVERO directamente en tu email

Opiniones sobre ESES NOBRES CAZADORES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana