Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto ?o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aínda seguía daquela polos montes ourensáns. A versión oficial calificábaos de bandidos. Pero eran outra cousa. A memoria dun tempo de cataclismos.Carlos G. Reigosa, xornalista, adicou varios anos de investigación e traballo profesional a seguir os pasos destes protagonistas non sempre ben coñecidos da nosa historia contemporánea: os fuxidos.Nestas páxinas hai testemuñas, relatos e noticias de primeira man que só agora saen á luz, logo de tanto tempo. Nalgúns casos son documentos excepcionais. Tamén latexa nelas a vida, a paixón dos homes, o amor e a desolación, idealismo, barbarie e xenerosidade.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475074238
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/11/1989
Año de edición: 1989
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 210.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; «Matinacións zafanarias» en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.