📗 Libro en gallego GUERRA CIVIL. QUE PASOU EN GALICIA E EN ESPAÑA

Que pasou en Galicia e en España

Edicións Xerais - 9788499142883

Historia local de España Galicia

Sinopsis de GUERRA CIVIL. QUE PASOU EN GALICIA E EN ESPAÑA

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado. En Galicia non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou preto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa. Estiveron na fronte, sufriron a guerra e pagárona co seu sangue, sen que a día de hoxe se saiba o número exacto de mortos e de mutilados que custou.Federico Cocho actualiza, reúne e sintetiza nesta obra a información dispoñible 75 anos despois daquel maldito verán de 1936. Cunha estrutura de 30 capítulos temáticos, rematados con breves perfís biográficos, o autor ofrece un texto para ser lido con facilidade por un público xeral que queira coñecer ou actualizar o que sabe e dispoñer dunha visión de conxunto do que ocorreu en Galicia e en España durante e inmediatamente despois de rematar a Guerra Civil. Como afirma Carlos G. Reigosa no prólogo, «Federico Cocho pertence á estirpe dos bos e xenerosos que queren contribuír a alumear un dos períodos máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente [...]. E faino desde o equilibrio, a lucidez e o rigor imprescindibles para non saír da canle marcada polo río dos feitos e non deixar de contextualizar o que sucedeu. Todo isto ollado desde un miradoiro propio que ben poderiamos chamar a perspectiva galega dos feitos».Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado. En Galicia non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou preto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa. Estiveron na fronte, sufriron a guerra e pagárona co seu sangue, sen que a día de hoxe se saiba o número exacto de mortos e de mutilados que custou.Federico Cocho actualiza, reúne e sintetiza nesta obra a información dispoñible 75 anos despois daquel maldito verán de 1936. Cunha estrutura de 30 capítulos temáticos, rematados con breves perfís biográficos, o autor ofrece un texto para ser lido con facilidade por un público xeral que queira coñecer ou actualizar o que sabe e dispoñer dunha visión de conxunto do que ocorreu en Galicia e en España durante e inmediatamente despois de rematar a Guerra Civil. Como afirma Carlos G. Reigosa no prólogo, «Federico Cocho pertence á estirpe dos bos e xenerosos que queren contribuír a alumear un dos períodos máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente [...]. E faino desde o equilibrio, a lucidez e o rigor imprescindibles para non saír da canle marcada polo río dos feitos e non deixar de contextualizar o que sucedeu. Todo isto ollado desde un miradoiro propio que ben poderiamos chamar a perspectiva galega dos feitos».

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499142883

Idioma: Gallego

Número de páginas: 384
Tiempo de lectura:
9h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/07/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 2.2 cm
Peso: 652.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Federico Cocho de Juan


Federico Cocho (Xinzo de Limia, 1958) licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e cursou o Diploma de Estudos Avanzados en Socioloxía na Universidade da Coruña (UDC). Logo dunha longa traxectoria como reporteiro e como informador político en distintos medios de comunicación galegos, traballa hoxe na reitoría da UDC e colabora como analista da actualidade na Radio Galega. Das súas reportaxes e investigacións sobre a cultura popular galega naceron os libros, O carnaval en Galicia (Xerais, 1990, 2008) e O Entroido galego (1998), e numerosos artigos e capítulos de libros en publicacións especializadas. Á súa faceta como cronista político pertence Cara a cara. Las elecciones de 1993 (1993), escrito co xornalista Luis Villamor. Tamén preparou unha descrición de Galicia e unha escolma de roteiros para a súa Guía práctica de Galicia (1996). Nos últimos anos centrou o seu labor investigador e divulgativo na Guerra Civil e na represión.
Descubre más sobre Federico Cocho de Juan
Recibe novedades de Federico Cocho de Juan directamente en tu email

Opiniones sobre GUERRA CIVIL. QUE PASOU EN GALICIA E EN ESPAÑA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana