Tar ama a Gemma. Pero Gemma non quere atarse a nada nin a ninguén. Están fartos das súas familias. O pai de Tar, alcólico, malla na súa muller e Gemma sente que a vida na súa casa está chea de prohibicións. Queren voar: foxen a Bristol na procura de okupas. Alí compartirán toda a súa vida, incluíndo a súa adicción pola heroína, con Rob e Lily. Inician así un camiño de destrucción e desesperación. Tar comenta: «se non importa non chegar os vinte anos, non hai ningún argumento contra a heroína».Con Ionqui, novela gañadora do «Carnegie Medal» e do «The Guardian Prize for fiction», Melvin Burgess debuxa con brillantez o descenso gradual na adicción ás drogas. Non hai aquí sermóns moralizantes, só a enxeñosa revelación de feitos fríos e duros. En palabras do propio autor «O libro non é real; nin sequera é unha ficcionalización da realidade. Mais todo el é certo, cada palabra». Melvin Burgess utiliza a primeira persoa en cada un dos trinta e dous capítulos da obra, dez voces diferentes que amosan unha visión, moitas veces terrible, das motivacións e dos cambios de cada un dos protagonistas. Así a personalidade de Tar muda dramaticamente no curso do libro, dende ser un rapaz solitario e agradable a ser un adicto cos nervios a flor de pel que busca pelexa. Traducida, en a penas dous anos, a vintecinco linguas, Ionqui é unha novela que persiste na memoria dos seus lectores e lectoras moito tempo despois de acadar o seu final.
Ficha técnica
Traductor: Maria Reimondez Milan
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483023662
Idioma: Gallego
Número de páginas: 328
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/05/2001
Año de edición: 1999
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Fora de Xogo
Fora de Xogo
Número: 33
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Melvin Burgess
Melvin Burgués nació en Londres en 1954. Al acabar la escuela empezó a hacer unas prácticas como periodista, pero después tuvo numerosos y variados trabajos, la mayoría en la construcción. Empezó a escribir cuando tenía 20 años y 15 años después publicó su primer libro: El llanto del lobo (The cry of the wolf). En 1997 recibió el Guardian Award y la Carnegie Medal por la poderosa novela Junk.