LAIA, A NENA DA ILLA

QUICO DA SILVA y Ánxela Loureiro

XERAIS- 9788483022481

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de LAIA, A NENA DA ILLA

Laia abriu os ollos e non dubidou en facer o que pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgotar o aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Sentíao preto, sen dúbida estaba no mar, pois percibía o esforzo da fala na pelexa coa auga. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira ó longo da súa vida e púxoas ó seu servicio. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: "Non te enfrontes ó mar", "déixate levar". Deu brazadas unha e outra vez cara ás illas, pero vencida, virou a cabeza cara a lúa e deixouse arrastrar pola corrente ata rematar varada na praia das illas Gabeiras.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483022481

Número de páginas: 171

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/05/2001

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Merlin

Especificaciones del producto



Escrito por Ánxela Loureiro


Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios. En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017. Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995). Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.
Descubre más sobre Ánxela Loureiro
Recibe novedades de Ánxela Loureiro directamente en tu email

Opiniones sobre LAIA, A NENA DA ILLA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana