Sinopsis de LALA E LOLO: SON INSEPARABLES (GALEGO)
ELA É UNHA GATA PEQUENA E ESPELIDA. EL, UN CAN PACHORRENTO E GRANDÓN. GÚSTALLES XOGAR, ENREDAR E...VIAXAR! Lala e Lolo inauguran unha nova colección de libros de cartoné para os máis pequenos, pensada para compartir, xogar e descubrir xuntos. Con solapas e mecanismos deslizantes, estes dous primeiros volumes acompañan a unha gata curiosa e a un can tranquilo nas súas pequenas aventuras cheas de sorpresa. Unha proposta resistente, interactiva e moi visual, ideal para as primeiras lecturas e os primeiros xogos cos libros.
Ficha técnica
Ilustrador: Bea Gregores
Editorial: Edicións Do Cumio
ISBN: 9788482897837
Idioma: Gallego
Número de páginas: 12
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 12/02/2026
Año de edición: 2026
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
LALA Y LOLO
LALA Y LOLO
Número: 1
Alto: 18.0 cm
Ancho: 18.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Eva Mejuto
Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. Foi docente durante dez anos no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas ''22 segundos'' (2017), ''Memoria do silencio'' (2019), ''A ladroa da biblioteca de Meirás'' (2022), coas cales quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, así como a novela infantil O día que choveron gatos (2023) (obra finalista do Premio Merlín en 2022) e o álbum ilustrado por Víctor Rivas ''Dez gatiñas viaxeiras'' (2019). Xunto á ilustradora Bea Gregores publicou os álbums ''A lavandeira de San Simón'' (Xerais, 2020) e ''Cando leo'' (Xerais, 2022). En 2025 publica xunto con Lucía Cobo, o álbum "Sei cantar e sei bailar" e mais a obra coa que gaña en 2024 o VIII Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade: ''Queco e Kika" (Xerais, 2025).