Sinopsis de MANUAL E ESCOLMA DA NOVA NARRATIVA GALEGA
Escrito coa actitude do divulgador, este libro pretende contribuír ó coñecemento dunha das etapas máis ricas e máis cheas de creatividade da tradición literaria galega recente. Sen renunciar ó emprego dunha análise rigorosa dos textos, Manual e escolma da Nova Narrativa Galega axuda ó lector a coñecer mellor cada unha das obras da Nova Narrativa, singularizándoas no que teñen de particular e poñéndoas en contacto coas restantes, non en van son froito do mesmo ambiente de época: os anos sesenta. A obra de autores coma Méndez Ferrín, Rodríguez Mourullo, Carlos Casares, M.ª Xosé Queizán ou Camilo Gonsar aparece estudiada no libro, que tamén inclúe os textos destes autores, completando deste xeito un volume esencial tanto para consulta coma para ter un bo coñecemento da evolución da narrativa galega contemporánea.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478241767
Número de páginas: 264
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/05/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Santiago
Especificaciones del producto
Escrito por MANUEL FORCADELA
Manuel Fernández Álvarez (Tomiño, 1958). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (Xerais 1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994) e a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (Xerais 1988). Como poeta: Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000); Refutación da musa (2001); Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío.Como narrador: Paisaxe con muller e barco (Xerais 1990), Premio de novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán; Barato, barato (1991), novela; Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993), novela; Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996), novela.