Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499954448
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Tiempo de lectura:
1h 25m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/02/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: España
Colección:
Baía Narrativa
Baía Narrativa
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.3 cm
Grueso: 0.4 cm
Peso: 120.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Marica Campo
María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, naceu no Val do Mao, no Incio, o 24 de febreiro de 1948. É a quinta filla dos seus pais; son en total oito irmáns. Pasa os primeiros anos no Incio, pero vai á escola a Lugo. Cando ten oito anos, a familia trasládase a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos, ingresa nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira e alí permanece cinco anos. Acode á Universidade Pontificia de Salamanca onde fai estudos de Teoloxía. Obtén o título de mestra e inicia estudos de Filosofía e Letras. Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo (entre outras, na de Muimenta e Castro de Rei), logo nas Canarias e, despois, na Mariña de Lugo, onde reside varios anos. Posteriormente, desenvolve o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubila en 2008 e onde continúa a residir. Publica os seus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comeza a escribir en galego durante a súa estadía no colexio público Castro de Rei. Participa en concursos de poesía, prosa e teatro, e obtén algúns premios. Tamén compón letras para o grupo musical Fuxan os ventos. Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e pola Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.