Marica Campo


María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, naceu no Val do Mao, no Incio, o 24 de febreiro de 1948. É a quinta filla dos seus pais; son en total oito irmáns. Pasa os primeiros anos no Incio, pero vai á escola a Lugo. Cando ten oito anos, a familia trasládase a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos, ingresa nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira e alí permanece cinco anos. Acode á Universidade Pontificia de Salamanca onde fai estudos de Teoloxía. Obtén o título de mestra e inicia estudos de Filosofía e Letras. Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo (entre outras, na de Muimenta e Castro de Rei), logo nas Canarias e, despois, na Mariña de Lugo, onde reside varios anos. Posteriormente, desenvolve o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubila en 2008 e onde continúa a residir. Publica os seus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comeza a escribir en galego durante a súa estadía no colexio público Castro de Rei. Participa en concursos de poesía, prosa e teatro, e obtén algúns premios. Tamén compón letras para o grupo musical Fuxan os ventos. Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e pola Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.
Recibe novedades de Marica Campo directamente en tu email
Del 1 al 14 de 14
MEMORIA PARA XOANA

Baía Edicións A Coruña. S.L. 9788499954448


O DIVINO SAINETE

Universidade da Coruña 9788497492775


NOUTRA DIMENSION

GALAXIA 9788498653519


E XOEL APRENDEU A VOAR

OBRADOIRO 9788482248912


ABRACADABRAS

EDICIOS DO CASTRO 9788484852322


SEXTINARIO:TRINTA E SEIS + TRES

SOTELO BLANCO EDICIONS 9788478245277


MEMORIA PARA XOANA

ESPIRAL MAIOR 9788495625403


CONFUSION DE MARIA BALTEIRA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA 9788497491877


PEDINCHE LUZ PRESTADA (I PREMIO FIZ VERGARA VILARIÑO)

ESPIRAL MAIOR 9788495625168


TRAS AS PORTAS DO ROSTRO

BAIA EDICIONS 9788487674228


CONFUSION E MORTE DE MARIA BALTEIRA

Baía Edicións A Coruña. S.L. 9788492630585


CONFUSION E MORTE DE MARIA BALTEIRA

BAIA EDICIONS 9788487674716


E XOEL APRENDEU A VOAR

Ediciones Obradoiro, S.A. 9788416834068


UNHA MISION PARA CLARA

Ediciones Obradoiro, S.A. 9788416834235


Del 1 al 14 de 14