Víctor de las Heras leva fotografando a realidade social galega dende hai décadas. É imposible recordar os grandes acontecementos dende os anos 80 sen que nos veñan á memoria instantáneas atrapadas, como fragmentos de vida, pola súa cámara. Fenómenos como a Movida viguesa e a reconversión naval levan a súa marca estética a través do seu traballo de fiel documentalista do que está a acontecer. Fotógrafo de raza, entende que hai que estar onde as cousas ocorren para logo podelas contar con fidelidade. Neste libro ocúpase do gran movemento liberador protagonizado polas mulleres dende que o século XXI comezou. As folgas feministas, a oposición á guerra…, todas as loita en que as mulleres, coma case sempre, foron vangarda. Son as fotos dun momento. Do noso momento
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491515968
Idioma: Gallego
Número de páginas: 116
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/02/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Reportaxe
Reportaxe
Número: 24
Alto: 24.0 cm
Ancho: 21.0 cm
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre MULLER EN LOITA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!