Kalandraka Editora - 9788413433745
No escuro, escurísimo soto dunha escura, escurísima casa,
un esqueleto pequeno está a ler un cómic.
Nunha escura, escurísima rúa dunha escura, escurísima cidade,
un esqueleto grande está a pasear o can.
Así comeza “Noite de golpes”, outra nova e trepidante aventura, chea de humor e tropezos, protagonizada polos esqueletos máis divertidos creados por Allan e Jane Ahlberg. Nela, o esqueleto grande e o esqueleto pequeno non poden parar de chocar unha vez e outra. Por sorte, o Dr. Ósos está atento para resolver cada situación, aínda que a súa paciencia ten un límite… Un álbum ideal para ler pola noite cunha portada cuxos personaxes brillan na escuridade.
Especificaciones del producto
Escrito por Allan Ahlberg
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!