As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos; mozas e mozos que se prostitúen para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas familias, que "non preguntan"; mulleres que adquiren unha cualificación profesional e academica e que chegan a situarse comodamente na sociedade, pero sen que por iso sexan de todo aceptadas; anciás que se equivocan ao emigrar, porque xa e tarde para acadar a integración; empregadas do fogar sen papeis que non inspiran nin mágoa, porque son, no fondo, un problema económico e legal; e nenas que se integran, que se abren camiño con normalidade na nova sociedade e borran toda pegada dun pasado de dor e indefensión.
Ficha técnica
Ilustrador: Xosé Tomás Díaz Teijo
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498653922
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 15/09/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Es
Colección:
Novela gráfica
Novela gráfica
Número: 1
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por XOSE TOMAS
Xosé Tomás (Betanzos, 1971) é profesor de lingua inglesa e ilustrador de máis de vinte títulos de literatura infantil. Ilustrou para a colección Merlín os libros: «Contos de Reis e de Nadal» (2007), «O souto escuro e perigoso» (2011), «O arco da vella» (2009, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Ilustrador do ano 2011), «Os reloxos preguiceiros de Néboa» (2011), «Coller as rendas» (2014) e «Choiva de ras» (2018). É autor do proxecto de banda deseñada infantil «Animalia», que conta con catro títulos: «Animalia 1. Verde» (2018), «Animalia 2. Branco» (2019), «Animalia 3. Azul» (2021) e «Animalia 4. Gris» (2022), publicados na colección Merlín Cómics de Xerais.