📗 Libro en gallego NON NACEMOS PARA COIDAR

A REALIDADE DOS COIDADOS DESDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO

Varios autores

Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo - 9788411880367

Sociología Sociología de España

Sinopsis de NON NACEMOS PARA COIDAR

Non nacemos para coidar é un libro colectivo e interdisciplinar que percorre os conceptos e as realidades poliédricas dos coidados desde unha perspectiva de xénero. Os e as autoras de diversas especialidades (a pre-historia, o dereito laboral, a socioloxía, a economía, o traballo social) van desgranando a situación sobre todo das traballadoras domésticas e de coidados. Somos herdeiras neste libro do camiño aberto polo movemento feminista dos anos 1970, que puxo sobre a mesa que nunca imos mudar a desigualdade existente entre homes e mulleres no eido público até que non consigamos maiores cotas de igualdade dentro dos fogares (e sobre todo, nos coidados). As mulleres somos maioría nos empregos a tempo parcial 𠅎n Galiza, o 74,6% son de mulleres—, e tamén somos ampla maioría na petición de permisos de coidado. As mulleres inmigrantes ocupan moitos traballos de coidados, vivindo ademáis nunha � global dos coidados” que as conecta cos seus países de orixe.Temos dous sistemas (o capitalismo e máis o patriarcado) que ben entrelazados desprezan o sostemento da(s) vida(s). Poñer os coidados no centro é unha ferramenta multiplicadora para acadar a igualdade. Supón falar do noso dereito ao auto-coidado, do reparto igualitario do traballo dentro do fogar, da esixencia de dereitos laborais das empregadas do fogar, etc. Non nacimos para coidar entra a fondo nestes debates, apostando por unha dignificación das súas condicións laborais, fronte a unha (perigosa) “ética reaccionaria dos coidados” que supostamente valora o traballo que as mulleres facemos, mais pasando por unha renuncia do noso propio benestar para servir a outros, ese “ser-para-outros” perverso do que xa nos advertira Simone de Beauvoir en 1949.

Ficha técnica


Editorial: Servizo de Publicacións Da Universidade de Vigo

ISBN: 9788411880367

Idioma: Gallego

Número de páginas: 162
Tiempo de lectura:
3h 47m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/04/2025

Año de edición: 2024

Colección:
Miscelánea

Serie/Saga: Serie de textos misceláneos


Especificaciones del producto



Opiniones sobre NON NACEMOS PARA COIDAR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana