📗 Libro en gallego NOS CAMIÑOS DO ENTUSIASMO

Calidade da lingua e planificación

Edicións Xerais - 9788497829496

Estudios lingüísticos Estudios y ensayos

Sinopsis de NOS CAMIÑOS DO ENTUSIASMO

Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país. Para iso aborda os problemas máis urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido crítico por dúas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalización: o Plan xeral de normalización da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións sobre a obra de Manuel García Blanco ou de Ramón Piñeiro e afonda de maneira especial no pensamento de Ramón Vilar Ponte e da súa xeración, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país. Para iso aborda os problemas máis urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido crítico por dúas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalización: o Plan xeral de normalización da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións sobre a obra de Manuel García Blanco ou de Ramón Piñeiro e afonda de maneira especial no pensamento de Ramón Vilar Ponte e da súa xeración, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497829496

Idioma: Gallego

Número de páginas: 176
Tiempo de lectura:
4h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 06/02/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 253.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Goretti Sanmartín Rei


Goretti Sanmartín Rei é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña e formou parte durante dous anos, da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan xeral de normalización da lingua galega. Para alén do seu achegamento á funcionalidade dos prólogos nun contexto de contacto de linguas como o galego, realizou diversas contribucións ao estudo da etapa das Irmandades e moi especialmente á figura de Ramón Vilar Ponte, ao seu constante compromiso coa lingua como elemento vertebrador da idea de Galicia e á súa influencia na conformación do pensamento nacionalista. Participou igualmente en diferentes proxectos que, desde unha perspectiva histórica ou contemporánea, pretendían incidir na restauración dun modelo de lingua galega de calidade desde unha óptica que integra e acrecenta como un valor fundamental para o noso coñecemento lingüístico a lingua literaria.
Descubre más sobre Goretti Sanmartín Rei
Recibe novedades de Goretti Sanmartín Rei directamente en tu email

Opiniones sobre NOS CAMIÑOS DO ENTUSIASMO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana