O cademo azul é un libro moi emotivo centrado no tema do contaxio da SIDA, por unha transfusión de sangue, nunha nena de once anos. Ambientado na cidade de Vigo, a protagonista, Ánxelica, vai escribindo no cademo azul que lle regalou o seu avó os seus sentimentos máis profundos. A historia váisenos desvelando ó longo das catro estacións do ano, en anaquiños moi breves, cunha linguaxe moi sinxela. Texto valente, verosímil, ben construído, reivindica sen sentimentalismos maniqueos os valores da amizade e a solidariedade entre os preadolescentes, acentuando o necesario respecto á diferencia con todas aquelas persoas que padecen a SIDA.
Ficha técnica
Ilustrador: Ricardo Pérez Rilo
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497826815
Idioma: Gallego
Número de páginas: 184
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 03/12/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
Merlin
Merlin
Peso: 230.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por An Alfaya
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017. Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas. O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.