📗 Libro en gallego O CAMIÑO DE SANTIAGO DO A AO Z (XOGO INTERACTIVO) (INCLUE CD)

EVEREST - 9788440311672

Infantil 7 a 9 años Humanidades

Sinopsis de O CAMIÑO DE SANTIAGO DO A AO Z (XOGO INTERACTIVO) (INCLUE CD)

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago e a súa posterior veneración resultou, desde os primeiros tempos, un acontecemento para a Europa cristiá. Persoas de todos os países, clases e condición comezaron a peregrinar a Compostela movidos pola fe ou por outros intereses.A través das páxinas deste libro, o pequeno lector poderá seguir e coñecer, de xeito divertido, que o Camiño de Santiago está formado por rutas incontables que constituíron ao longo da historia un lazo de unión entre os pobos europeos.Este magnífico proxecto complétase cun entretido e interactivo CD, que ha facer que o neno poña a proba todo o que sabe verbo de tan interesante percorrido.

Ficha técnica


Ilustrador: Vera Guardiola Luisa

Editorial: Everest

ISBN: 9788440311672

Idioma: Gallego

Número de páginas: 48

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/06/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es
Alto: 21.5 cm
Ancho: 23.0 cm
Grueso: 23.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xoan Babarro Gonzalez y Ana María Fernández


Naceu en Calvelo (Zorelle - Maceda/Ourense) o 23 de decembro de 1947. Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras. Ingresou no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola, e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente ata 1971, data na que se trasladou a Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008, foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega. Está casado coa escritora Ana María Fernández.
Descubre más sobre Xoan Babarro Gonzalez
Ana María Fernández Martínez nace en Palma (Illas Baleares) en 1949. Con 18 anos chega á Coruña, onde reside e desenvolve a súa vida laboral e familiar. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e outras obras do ámbito da aprendizaxe da lingua. Especializouse, sobre todo, na poesía, á que dedicou boa parte da produción. En 1977 recibe o premio O Facho de contos por Os amigos do cabaceiro. Máis tarde o seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001). Tamén é coautora, con Xoán Babarro, de varios títulos, entre os que figuran os premios O Barco de Vapor de 1985 (Primeiro libro con Malola) e 1989 (Barrigaverde e o dragón Achís). Outras obras súas en Editorial Galaxia son Marta ten a solución (2007), Versos da tarde laranxa (2016) e Incesante vagalume (2021).
Descubre más sobre Ana María Fernández

Opiniones sobre O CAMIÑO DE SANTIAGO DO A AO Z (XOGO INTERACTIVO) (INCLUE CD)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana