📗 Libro en gallego O CARLISMO GALEGO

Edicións Laiovento, S.L. - 9788484871439

Historia local de España Galicia

Sinopsis de O CARLISMO GALEGO

"Cando publiquei este libro no ano 1976, na desaparecida editorial Pico Sacro de Santiago de Compostela, as únicas referencias bibliográficas eran ou as carlistas ou as que procedían da escola do profesor Suárez Verdeguer, do Estudio General de Navarra, que impregnou os seus libros dunha certa compostura académica da que carecía a bibliografía tradicional. Pero pasaron 32 anos e hoxe dipoñemos dunha historiografía sobre o carlismo á que lle dedicamos atención nas páxinas introdutorias. A primeira guerra carlista (1833-1839) non foi un episodio máis no turbulento século XIX. O que estaba en xogo non era unha monarquía presidida por Dona Isabel ou D. Carlos Isidro senón dous modelos sociais e dous modelos de Estado. E iso foi o que se decidiu nesa prolongada guerra.Baixo esta perspectiva, as investigacións máis recentes sobre o carlismo procuran identificar os grupos sociais que apostaron por un ou outro modelo, polo liberalismo ou polo absolutismo. Exactamente como intentamos facer na primeira edición deste libro. Nesta segunda edición incluímos novas referencias e informacións, matizamos algúns conceptospero mantemos a mesma estrutura e, sobre todo, a tese central: que a pesar do apoio explícito do clero (máis de cincuenta clérigos morreron coas armas na man ou foron fusilados), dun sector importante da fidalg...

Ficha técnica


Traductor: Alberto Allegue Leira

Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

ISBN: 9788484871439

Idioma: Gallego

Número de páginas: 388
Tiempo de lectura:
9h 15m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/11/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Colección:
Ensaio

Número: 234
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Ramón Barreiro Fernández


Xosé R. Barreiro Fernández (Ribeira, A Coruña) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Actualmente, despois de exercer a cátedra de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, segue como profesor emérito desta. É tamén presidente da Real Academia Galega. Na súa bibliografía académica figuran varios libros canónicos dentro da historiografía peninsular. Os seus estudos sobre o carlismo galego, o liberalismo e o nacemento do galeguismo ou os cinco tomos do Proxecto Galicia amplían os nosos horizontes intelectuais e poñen acento galego en temas e personaxes que permanecían velados polas circunstancias históricas. Entre outras, ten publicadas as seguintes obras: A parroquia hoxe (1970); El carlismo gallego (1976, reeditado e revisado en 2008 e publicado en galego como O carlismo galego); El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo (1977); El campesinado gallego en el siglo XIX. Economía y sociedad (1980); Historia contemporánea de Galicia (1982); Liberales y absolutistas en Galicia (1808-1833) (Xerais, 1982); Historia de la ciudad de La Coruña (1986); O movemento obreiro en Galicia: catro ensaios (Xerais, 1990); Historia de la imprenta en Galicia (1992); Historia da Universidade de Santiago de Compostela. (1998-2002); Manuel Murguía (2000, con Xosé Luís Axeitos); Historia de Galicia, 5 tomos do Proxecto Galicia (2000-2002); Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810‑2003) (2003, coordinador e autor); Cartas a Murguía (2005); O Tratado da Constitución europea: visións desde Galiza (2005); Manuel Lugrís Freire, o compromiso (2006, con Xosé Luís Axeitos); Os símbolos de Galicia (2007, Consello da Cultura Galega); A gran historia de Galicia (2007, coordinador) e Historia social da Guerra da Independencia en Galicia (Xerais 2009).
Descubre más sobre Xosé Ramón Barreiro Fernández
Recibe novedades de Xosé Ramón Barreiro Fernández directamente en tu email

Opiniones sobre O CARLISMO GALEGO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana