📗 Libro en gallego O ESPERTAR DA CONCIENCIA GALEGA

Galeguismo, cultura e identidade. Ensaios e artigos dispersos (1959-1990)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498651904

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O ESPERTAR DA CONCIENCIA GALEGA

Velaquí un novo volume da Biblioteca Ramón Piñeiro, na que Editorial Galaxia reúne as obras do pensador homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009. Desta volta trátase dun libro no que se recompilan, en edición do profesor Henrique Monteagudo, textos de Ramón Piñeiro seleccionados con dous criterios: o tema e o tempo. Ensaios breves, prólogos, conferencias e discursos, e artigos que permanecían dispersos e que, por primeira vez, se publican conxuntamente. Nos textos de Ramón Piñeiro incluídos neste libro "gurgullan as ideas e interpretacións, adoito orixinais e faiscantes dunha mente dotada dunha intelixencia fulgurante, dunha extraordinaria capacidade para a reflexión, dunha amplitude de coñecementos sobre os temas que toca e agudeza de visión verdadeiramente sen par", segundo escribe Henrique Monteagudo no limiar. O tema que dá unidade ao libro é a cultura galega nas súas diversas facetas, e máis especificamente, a cultura galega coetánea a Piñeiro. Aproximadamente desde 1950 a 1985. A reflexión sobre a cultura galega constituíu unha das súas principais tarefas intelectuais de Ramón Piñeiro, inseparable da súa propia acción no mesmo ámbito, as dúas de grande importancia no discorrer da historia de Galicia na segunda metade do século XX.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498651904

Idioma: Gallego

Número de páginas: 392
Tiempo de lectura:
9h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/05/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Es

Colección:
Biblioteca Ramón Piñeiro

Número: 4
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por RAMON PIÑEIRO


Descubre más sobre RAMON PIÑEIRO
Recibe novedades de RAMON PIÑEIRO directamente en tu email

Opiniones sobre O ESPERTAR DA CONCIENCIA GALEGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana