leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego O LADO DO QUE DORMES

Edicións Xerais- 9788491215592

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O LADO DO QUE DORMES

Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza?A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala á luz. Pero ao final sempre acaba por saír. Ás veces o detonante é o simple feito de decidir o lado do que dormes. Ás veces hai que deixar de resistir e require un cambio.Esta novela vaise entretecendo coas dúbidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma nunha arañeira, apertándose para protexérense. Mulleres que loitan e, ás veces, gañan batallas. Non sempre.Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza?A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala á luz. Pero ao final sempre acaba por saír. Ás veces o detonante é o simple feito de decidir o lado do que dormes. Ás veces hai que deixar de resistir e require un cambio.Esta novela vaise entretecendo coas dúbidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma nunha arañeira, apertándose para protexérense. Mulleres que loitan e, ás veces, gañan batallas. Non sempre.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491215592

Idioma: Gallego

Número de páginas: 200
Tiempo de lectura:
4h 42m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/10/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 412.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Canosa


María Canosa
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora.
Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG.
Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega.
É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024).
Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023).
Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019).
É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.
Descubre más sobre María Canosa
Recibe novedades de María Canosa directamente en tu email

Opiniones sobre O LADO DO QUE DORMES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana