Naquela época todos os paraugas eran de cor negra, parda ou, se acaso, azul de Prusia ou verde escuro. Así que, cando na fábrica apareceu aquel paraugas amarelo, todo o mundo ficou pampo. Un paraugas de semellante cor non estaba previsto na programación nin nos catálogos nin nos pedidos...