Sinopsis de O POETA MANUEL MARIA FOXE DE BARRIGA VERDE
Cuarto número da colección para primeiras lectoras e lectores "O poeta Manuel María".
Neste volume, O poeta Manuel María foxe de Barriga Verde, Manuel María celebra o Entroido disfrazándose, mais o disfraz escollido provoca unha fatal confusión.
A colección, de capa dura e cunhas dimensións de 20X20, está elaborada polo humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, Pepe Carreiro e polo tamén debuxante e ilustrador, Abraham Carreiro, e é un achegamento ás persoas máis novas da figura de Manuel María e as temáticas e valores que o mobilizaron na súa vida. Textos de historias graciosas, salpicadas polo medio de léxico do propio Manuel María e acompañados de bonitas ilustracións.
Ficha técnica
Editorial: Fundacion Manuel Maria de Estudos Galegos
ISBN: 9788412310290
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 26/02/2024
Año de edición: 2024
Especificaciones del producto
Escrito por Pepe Carreiro
Publicou debuxos de humor nos seguintes medios: A Voz do Pobo, voceiro do PCG; a tira O fillo de Breogán e co mesmo personaxe fixo O tebeo do pobo; Mundo Obrero e La Codorniz; publicou varias viñetas no semanario Teima e, ao desaparecer este, no diario El Pueblo Gallego a tira " O Galo Camilo " e en Hoja del Lunes de Vigo, unha viñeta política; en Faro de Vigo, no suplemento semanal " A Pizarra " , a tira " Maxistérico " ; en Faro del Lunes, a tira " Canal Privado " ; fundou a revista humorística Can sen dono, da que foi o seu primeiro director; en A Peneira, periódico comarcal, a tira " Robinsón " ; na TVG, no programa A trabe de ouro, a tira " O anano do tesouro " ; no semanario A Nosa Terra, viñetas políticas; en Diario de Galicia, unha viñeta diaria de humor político; foi fundador do semanario satírico XO! a voz que para as bestas; na revista A trabe de ouro, unha viñeta política. Tamén publicou unha viñeta política no diario El Mundo. Creador da serie infantil Os Bolechas (uns 50 títulos publicados en distintas coleccións de A Nosa Terra). Debuxante e guionista da serie de banda deseñada Os Barbanzóns (2 títulos publicados: Baroña ou morte, No solpor da Prehistoria) de Toxosoutos. En marzo do 2005 publica na editorial Fervenza o libro de viñetas de humor Peor que antes, mellor que mañán. No libro de banda deseñada colectivo H2 oil publicou unha páxina sobre o asunto Prestige.