Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos, e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oral dialectal do Minho e de Trás-os-Montes.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Laiovento, S.L.
ISBN: 9788484875376
Idioma: Gallego
Número de páginas: 618
Tiempo de lectura:
14h 48m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/08/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Colección:
Esaio - Pesquisa
Esaio - Pesquisa
Número: 402
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 3.4 cm
Peso: 688.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre O PORTUGUES ESQUECIDO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!