📗 Libro en gallego O VALEGO

As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura)

Edicións Xerais - 9788499145570

Estudios lingüísticos Lingüística del gallego

Sinopsis de O VALEGO

«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo. Debulla con paixón e claridade expositiva, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona (con atención especial á toponimia), dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas, para o que propón unha solución ''''á galega''''.Non separa o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, non escapa dos aspectos políticos, polo que o libro se abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, e estuda a lexislación lingüística ignorada, particularmente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, mais tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas.»«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo. Debulla con paixón e claridade expositiva, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona (con atención especial á toponimia), dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas, para o que propón unha solución ''''á galega''''.Non separa o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, non escapa dos aspectos políticos, polo que o libro se abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, e estuda a lexislación lingüística ignorada, particularmente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, mais tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas.»

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499145570

Idioma: Gallego

Número de páginas: 280
Tiempo de lectura:
6h 38m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/11/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 483.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé-Henrique Costas González


Xosé-Henrique Costas González (Mantelas-Freixeiro-Vigo, 1962). Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) e doutor en Filoloxía Galega pola USC, é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, tras o seu paso como docente de Lingua Galega polos campus da Coruña, Pontevedra e Ourense. Foi tamén profesor e conferenciante invitado en diversos cursos e mestrados de universidades de Italia, Alemaña, Irlanda e Brasil. Na Universidade de Vigo desempeñou os cargos de director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina; director da Área de Normalización Lingüística (responsable das campañas de normalización Chámate con xeito, Busco amante galego falante e Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis) e, nos últimos anos, vicerreitor de Extensión Universitaria. Como investigador está especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística. En dialectoloxía vén traballando nas falas do galego exterior (Eo-Navia, Bierzo e As Portelas), principalmente no chamado valego ou galego de Cáceres, sobre as que ten publicado unha trintena de artigos e edicións. En sociolingüística preocúpase da situación das linguas e variedades minorizadas e emerxentes, da súa autoría foi a exitosa Guía das linguas de Europa (2002) e súa foi a coordinación do manual de intervención social 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). En literatura ten investigado e publicado varios libros e artigos sobre a produción poética, tradutora, ensaística e xornalística de Álvaro Cunqueiro.
Descubre más sobre Xosé-Henrique Costas González
Recibe novedades de Xosé-Henrique Costas González directamente en tu email

Opiniones sobre O VALEGO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana