Xosé-Henrique Costas González (Mantelas-Freixeiro-Vigo, 1962). Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) e doutor en Filoloxía Galega pola USC, é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, tras o seu paso como docente de Lingua Galega polos campus da Coruña, Pontevedra e Ourense. Foi tamén profesor e conferenciante invitado en diversos cursos e mestrados de universidades de Italia, Alemaña, Irlanda e Brasil. Na Universidade de Vigo desempeñou os cargos de director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina; director da Área de Normalización Lingüística (responsable das campañas de normalización Chámate con xeito, Busco amante galego falante e Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis) e, nos últimos anos, vicerreitor de Extensión Universitaria. Como investigador está especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística. En dialectoloxía vén traballando nas falas do galego exterior (Eo-Navia, Bierzo e As Portelas), principalmente no chamado valego ou galego de Cáceres, sobre as que ten publicado unha trintena de artigos e edicións. En sociolingüística preocúpase da situación das linguas e variedades minorizadas e emerxentes, da súa autoría foi a exitosa Guía das linguas de Europa (2002) e súa foi a coordinación do manual de intervención social 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). En literatura ten investigado e publicado varios libros e artigos sobre a produción poética, tradutora, ensaística e xornalística de Álvaro Cunqueiro.
Recibe novedades de Xosé-Henrique Costas González directamente en tu email
«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visita
Ianes, un rapaz do castrelo do Viso entregado para criado no mosteiro de Samos, foxe ao sur do Douro, á “Terra de ninguén”, para que non o condenen por un crime que non cometeu. Un relato adornado cu
Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo 9788481589337
As compañeiras e compañeiros de Amparo Solla ao longo de moitos anos de convivencia en aulas, departamento, facultade e vida, quixémoslle render unha sentida e emotiva homenaxe a unha persoa que foi exemplo de docente entregada ao alumnado e compañeira alegre e fraterna. Ademais das colaboracions de profesorado do noso Departamento de Filoloxia Galega e Latina dos tres campus, este volume completase coa achega de exalumnos e compañeiros doutros departamentos para lle tributarmos unha merecida homenaxe e un cariño a unha gran compañeira, docente de Lingua e Literatura Galegas do campus das Lagoas, nos altos de Marcosende, en Vigo. Abrese este volume cunha nota intima e biografica, seguida de 14 variados estudos sobre literatura, onomastica, conto popular, pedagoxia, traducion, retorica, teatro, fraseoloxia que recoñecen e agradecen deste xeito o labor de Amparo Solla, tal e como se mostra no cabezallo de moitos dos textos. Son contribucions guiadas polo recoñecemento e o agradecemento a quen durante moitos anos compartillou a nosa angueira de represtixiar e normalizar a nosa lingua e o noso sistema literario desde as aulas universitarias de Vigo, desde unha docencia exercida con cariño e entrega ao alumnado e un compañeirismo sempre cheo de empatia e alegria. Beizon sempre, Amparo Solla Gonzalez.
Marwán, fillo de Ianes O Galego, fai nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administracion amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado vali ou gobernador dunha cidade adoito insubmisa e levantadiza contra o poder de Cordoba. Esta segunda entrega da triloxia Banu Marwan mergullanos nunha sociedade conflitiva e asemade conciliadora, onde a xente do pobo so busca sobrevivir fronte as fortes presions e tensions das diversas faccions sociais, politicas, etnicas e relixiosas. A lealdade, o amor, a amizade, o poder, a traizon, as viaxes, os intereses, as comenencias, as crenzas, os trasacordos, a identidade e as contradicions dos personaxes son temas que van ganduxando este novo relato historico dun clan galego nunha epoca convulsa.
Ianes, un rapaz do castrelo do Viso entregado para criado no mosteiro de Samos, foxe ao sur do Douro, á ôTerra de ninguénö, para que non o condenen por un crime que non cometeu. Un relato adornado cu