📗 Libro en gallego CAER ABRINDO CIRCULOS PECHADOS

Homenaxe á profesora Amparo Solla

Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo - 9788481589337

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de CAER ABRINDO CIRCULOS PECHADOS

As compañeiras e compañeiros de Amparo Solla ao longo de moitos anos de convivencia en aulas, departamento, facultade e vida, quixémoslle render unha sentida e emotiva homenaxe a unha persoa que foi exemplo de docente entregada ao alumnado e compañeira alegre e fraterna. Ademais das colaboracións de profesorado do noso Departamento de Filoloxía Galega e Latina dos tres campus, este volume complétase coa achega de exalumnos e compañeiros doutros departamentos para lle tributarmos unha merecida homenaxe e un cariño a unha gran compañeira, docente de Lingua e Literatura Galegas do campus das Lagoas, nos altos de Marcosende, en Vigo. Ábrese este volume cunha nota íntima e biográfica, seguida de 14 variados estudos sobre literatura, onomástica, conto popular, pedagoxía, tradución, retórica, teatro, fraseoloxía que recoñecen e agradecen deste xeito o labor de Amparo Solla, tal e como se mostra no cabezallo de moitos dos textos. Son contribucións guiadas polo recoñecemento e o agradecemento a quen durante moitos anos compartillou a nosa angueira de represtixiar e normalizar a nosa lingua e o noso sistema literario desde as aulas universitarias de Vigo, desde unha docencia exercida con cariño e entrega ao alumnado e un compañeirismo sempre cheo de empatía e alegría. Beizón sempre, Amparo Solla González.

Ficha técnica


Editorial: Servizo de Publicacións Da Universidade de Vigo

ISBN: 9788481589337

Idioma: Gallego

Número de páginas: 326
Tiempo de lectura:
7h 45m
Fecha de lanzamiento: 10/10/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: España

Colección:
Homenaxes

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Peso: 650.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé-Henrique Costas González


Xosé-Henrique Costas González (Mantelas-Freixeiro-Vigo, 1962). Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) e doutor en Filoloxía Galega pola USC, é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, tras o seu paso como docente de Lingua Galega polos campus da Coruña, Pontevedra e Ourense. Foi tamén profesor e conferenciante invitado en diversos cursos e mestrados de universidades de Italia, Alemaña, Irlanda e Brasil. Na Universidade de Vigo desempeñou os cargos de director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina; director da Área de Normalización Lingüística (responsable das campañas de normalización Chámate con xeito, Busco amante galego falante e Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis) e, nos últimos anos, vicerreitor de Extensión Universitaria. Como investigador está especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística. En dialectoloxía vén traballando nas falas do galego exterior (Eo-Navia, Bierzo e As Portelas), principalmente no chamado valego ou galego de Cáceres, sobre as que ten publicado unha trintena de artigos e edicións. En sociolingüística preocúpase da situación das linguas e variedades minorizadas e emerxentes, da súa autoría foi a exitosa Guía das linguas de Europa (2002) e súa foi a coordinación do manual de intervención social 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). En literatura ten investigado e publicado varios libros e artigos sobre a produción poética, tradutora, ensaística e xornalística de Álvaro Cunqueiro.
Descubre más sobre Xosé-Henrique Costas González
Recibe novedades de Xosé-Henrique Costas González directamente en tu email

Opiniones sobre CAER ABRINDO CIRCULOS PECHADOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana