Sinopsis de OS XENEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS (GALICIA PAR A SOÑAR)
Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade? E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras. Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira. O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos.
Ficha técnica
Editorial: Hercules de Ediciones S.A.
ISBN: 9788419754875
Idioma: Gallego
Número de páginas: 392
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/05/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: A Coruña
Número: 18
Alto: 30.0 cm
Ancho: 22.0 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 2000.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre OS XENEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS (GALICIA PAR A SOÑAR)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!