Sinopsis de PACK GUIA MICOLOXICA DOS ECOSISTEMAS GALEGOS + GUIA DAS AVES DE GALICIA
Guía micolóxica dos ecosistemas galegos:
Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades.
A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu.
A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece, e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro, ...dicir rula e abidueira e dorna e fonte... fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da fonte..., para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos.
Guía das aves de Galicia:
Esta nova edición da Guía das Aves é o resultado do extraordinario traballo desenvolvido polos autores nos últimos anos para actualizar a información e situación das 448 especies analizadas, que tamén son ilustradas por Calros Silvar con máis de 2000 debuxos a toda cor. O rigor científico e o valor divulgativo únense unha vez máis para achegarnos aos afeccionados e estudosos da ornitoloxía un produto editorial que sitúa a Baía Edicións e á literatura naturalista galega ao máis alto nivel.
Unha novación que enriquece esta edición é o CD-rom que se acompaña e que, como material complementario da Guía, inclúe 28 especies introducidas non establecidas, 14 retiradas da lista das aves de Galicia da edición anterior, os cantos de 110 especies, un moi amplo apartado de notas con citas aparecidas na extensa bibliografía consultada ou tratadas nos últimos congresos ornitolóxicos galegos.
Ficha técnica
Editorial: Baia Edicions
ISBN: 9788492630981
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/12/2014
Especificaciones del producto
Opiniones sobre PACK GUIA MICOLOXICA DOS ECOSISTEMAS GALEGOS + GUIA DAS AVES DE GALICIA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!