📗 Libro en gallego PATAS ARRIBA (GAL)

ANNE DERENNE

Kalandraka Editora- 9788413434421

Infantil 3 a 4 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de PATAS ARRIBA (GAL)

Un divertido libro-xogo no que a participación de lectoras e lectores é imprescindible para axudar aos animais da sabana.
É un día tranquilo na sabana. Todo o mundo está no seu lugar agás o elefante, que se achega trotando mentres o chan retumba cos seus pasos. Mais axiña repara no desastre: todo está PATAS ARRIBA. Agora é omomento dos pequenos lectores e lectoras, os verdadeiros protagonistas deste álbum, aos que lles tocará sacudir unha vez e outra o libro ata que todo volva ao seu sitio. Se o sacoden forte de máis, a paisaxe porase patas arriba. Se non o sacoden o suficiente, algunhas cousas seguirán desorganizadas. Sacudir arriba e abaixo, á dereita e á esquerda. Pero… Quen se agocha detrás do arbusto? Un cazador? Sigamos sacudindo ata facelo desaparecer!
Unha paleta de cores vivas, figuras de contornos definidos sobre fondos planos e personaxes con expresións divertidas caracterizan plasticamente esta obra de Anne Derenne que nos lembra a algunhas producións de animación. Un orixinal libro-xogo cheo de humor que convida a lectoras e lectores a pasar á acción para axudar aos desconcertados habitantes da sabana e libralos dun final non desexado. Feliz aventura!

Ficha técnica


Traductor: Xosé Ballesteros Rey
Ilustrador: Anne Derenne

Editorial: Kalandraka Editora

ISBN: 9788413434421

Idioma: Gallego

Número de páginas: 28

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 13/03/2026

Año de edición: 2026

Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
Libros interactivos
Alto: 24.5 cm
Ancho: 20.0 cm

Especificaciones del producto


Los libros más vendidos esta semana