Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?
Ficha técnica
Ilustrador: Juan Berrio Martín-retortillo
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491217640
Idioma: Gallego
Número de páginas: 96
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/11/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en diante
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 158.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Érica Esmorís
Érica Esmorís (A Coruña, 1977) naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, desde o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das produtoras audiovisuais máis importantes de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora, foi recoñecida con importantes premios, como o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Nena e o mar» (Xerais, 2015), que volve gañar en 2025 con «Erin e o lobo»; o Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga con «Patio de luces» (Xerais, 2020), ou o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil con «Esta é a miña historia e terás que crela» (Xerais, 2025). Outros títulos da súa autoría son «O poder de Amabel» (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro, «Ulises e as cronoamigas» (2015), «Quen salva un can» (Xerais, 2019) ou o álbum ilustrado «Analfabeta» (Xerais, 2024), que asina xunto con Dani Padrón.