Páxinas de Carricanta proponnos un metafórico percorrido vital a través das experiencias cotiás dun humilde animal, que, como calquera ser humano, teima na procura de respostas perante os misterios da existencia: o nacemento, o amor, as intuicións telúricas, o arcano da vida e a morte... Da man dos recursos formais, o lector acaba por fundirse coa mensaxe lírica que envolve o mundo que aquí se reflicte, que non é outro que aquel que a todos nos convoca: "Que flor sería eu, que herba, que espiña...? Un silencio de historia arrodeaba a illa do meu corpo, cuberto agora de intemperie".
Ficha técnica
Ilustrador: Dnl
Editorial: Everest
ISBN: 9788440311528
Idioma: Gallego
Número de páginas: 42
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/01/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.7 cm
Grueso: 13.7 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ana María Fernández
Ana María Fernández Martínez nace en Palma (Illas Baleares) en 1949. Con 18 anos chega á Coruña, onde reside e desenvolve a súa vida laboral e familiar. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e outras obras do ámbito da aprendizaxe da lingua. Especializouse, sobre todo, na poesía, á que dedicou boa parte da produción. En 1977 recibe o premio O Facho de contos por Os amigos do cabaceiro. Máis tarde o seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001). Tamén é coautora, con Xoán Babarro, de varios títulos, entre os que figuran os premios O Barco de Vapor de 1985 (Primeiro libro con Malola) e 1989 (Barrigaverde e o dragón Achís). Outras obras súas en Editorial Galaxia son Marta ten a solución (2007), Versos da tarde laranxa (2016) e Incesante vagalume (2021).