KALANDRAKA EDITORA, S.L.- 9788413434223
Un libro de tea diferente para coñecer os animais da granxa.
“Pelos e plumas” é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida na granxa.
As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algúns dos animais máis coñecidos e próximos -o can, a gata, o galo, o coello...-, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con “Aletas e burbullas”, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado ás especies mariñas. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas para estas idades.
Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.
Especificaciones del producto
Escrito por Mercè Galí
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!