Sinopsis de QUE SABES DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO?
Que sabes da guerra civil? E do franquismo? Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións. Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente. Este libro trata de explicar o que sucedeu de xeito ameno e obxectivo, contándonos tamén como era a sociedade e a vida diaria daquela época, daquel "tempo de silencio".
Ficha técnica
Ilustrador: Carlos Gallego Domínguez
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491219811
Idioma: Gallego
Número de páginas: 56
Tiempo de lectura:
1h 13m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/11/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - COÑECEMENTO - Seica
INFANTIL E XUVENIL - COÑECEMENTO - Seica
Alto: 20.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 78.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Veiga Taboada
Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Foto do autor: Antonio Gutiérrez)