📗 Libro en gallego RETALLOS DAQUELA INFANCIA

Edicións Xerais - 9788499145303

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de RETALLOS DAQUELA INFANCIA

Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeá dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotográfica e relatados con pulsión inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura. O cadáver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a súa identidade. A procesión do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os días antes de saír pola tarde os alumnos tiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidades...Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raíz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Álvarez emparentan con páxinas de Ánxel Fole, Castelao e outros autores da tradición do mellor relato galego do século XX.Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquela comunidade aldeá dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotográfica e relatados con pulsión inequivocamente literaria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura. O cadáver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiro que separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a súa identidade. A procesión do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito un espantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, que chegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, de mestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era o recreo e na que todos os días antes de saír pola tarde os alumnos tiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, o frustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ou aqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, o vingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidades...Escritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raíz popular, estes retratos e relatos populares de Bautista Álvarez emparentan con páxinas de Ánxel Fole, Castelao e outros autores da tradición do mellor relato galego do século XX.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499145303

Idioma: Gallego

Número de páginas: 200
Tiempo de lectura:
4h 42m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 03/07/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Número: 340
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 313.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por BAUTISTA ALVAREZ


Bautista Álvarez (Loucía-Ourense, 1933) subordinou a súa inicial vocación literaria á actividade política. Formou parte do grupo Brais Pinto, que deixou pegada na moderna historia de Galicia. Foi un dos fundadores da UPG, que presidiu durante máis de trinta anos, e deputado do Parlamento Galego durante cinco lexislaturas. A produción escrita de Bautista Álvarez está en galego, aínda que tamén haxa colaboracións en castelán, solicitadas por publicacións españolas: Signo, Cuadernos para el diálogo ou Primer acto (nesta publicou un pequeno ensaio sobre Os vellos non deben de namorarse de Castelao). En 2013 publicou en Xerais o libro de relatos Retallos daquela infancia. A novela Cuarto minguante (Xerais, 2015) é a súa segunda obra de ficción.
Descubre más sobre BAUTISTA ALVAREZ
Recibe novedades de BAUTISTA ALVAREZ directamente en tu email

Opiniones sobre RETALLOS DAQUELA INFANCIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana