📗 Libro en gallego SARA TEN UN SEGREDO

Edicións Xerais- 9788491213840

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de SARA TEN UN SEGREDO

A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado. Pero... que é un tareco?, que ten de particular o tareco de Sara que non posúen os outros tarecos?

Ficha técnica


Ilustrador: María Lires

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491213840

Idioma: Gallego

Número de páginas: 64

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 03/05/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en diante
Alto: 20.5 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.7 cm
Peso: 115.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Caride


Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004), «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018), «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).
Descubre más sobre Ramón Caride
Recibe novedades de Ramón Caride directamente en tu email

Opiniones sobre SARA TEN UN SEGREDO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana