📗 Libro en gallego SILENCIO

XERAIS - 9788483026724

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de SILENCIO

Cun estilo áxil, Fran Alonso constrúe en Silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo urbano contemporáneo a través dunha situación límite. A partir dun entramado narrativo cheo de intriga e de paixón, un xornalista represaliado vai relatando as circunstancias nas que se ve envolto sen querelo.
�Fran Alonso volve á narrativa coa contundencia da brevidade e eficacia dun estilo directo e preciso. Intigra e desacougo urbano. Estouno devorando: escribo en pleno acto (hai media hora que comecei o libro e non podo parar). O escritor galego, como moitos narradores sabios e humildes de todo o mundo, segue o legado de Kafka�. (Antón Reixa).
�Fran Alonso exorcizou os seus demos con esta viaxe ós infernos do desgabo, a indiferencia e a soidade do home moderno. Paseniñamente, coma nos bos contos de terror, asoláganos nese mundo estraño e arrepiante que xorde de súpeto tan só con rañar uns centímetros a costra da máis anodina cotianidade�. (Xoán Acuña).
�Para ensumirnos �e abraiarnos� neste aire de irracionalidade e esquizofrenia de Silencio abóndalle a Fran Alonso un retallo mínimo dun xornalista envolto nunha situación que el mesmo chega a sospeitar froito da súa imaxinación. (...) Basta deixarse levar polos ingredientes do medo e da intriga para que as prosas, deliberadamente escuetas, de Fran Alonso teñan sentido e un universo tan ricaz e enxeñoso tiren briosamente do lector�. (F. Martínez Bouzas).

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483026724

Idioma: Gallego

Número de páginas: 104
Tiempo de lectura:
2h 23m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/09/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Peto

Número: 39
Alto: 18.0 cm
Ancho: 11.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Fran Alonso


Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), «Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), «Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), «Transición» (libro-CD, 2011) e «Véndoche un poema» (2025). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil «Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.
Descubre más sobre Fran Alonso
Recibe novedades de Fran Alonso directamente en tu email

Opiniones sobre SILENCIO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana