📗 Libro en gallego TANIS I O MOCOS (4ª ED.)

Edicións Xerais - 9788483026182

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de TANIS I O MOCOS (4ª ED.)

O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do extenso e poderoso reino de Sofrovia, cumpriu dezaoito anos, armouse un grande rebumbio no pazo.
A causa era unha simple cuestión de etiqueta no relativo ao seu vestiario. O principe pasara a mañá alporizado, abrindo as portas de tódalas dependencias, berrando: ¿Onde está o meu frac? Os mordomos reais, apesarados, tiveron que atender ás ordes de Tanis, o novo rei de Sofrovia, e entregáronlle o que pedía: un frac vello, todo esfiañado, con rotos por diante e por detrás, algún remendo e unha colección de imperdíbeis picados polas lapelas, os petos e a cola.

Ficha técnica


Ilustrador: Santy Gutiérrez

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483026182

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/04/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante

Número: 87
Alto: 19.5 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 186.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo González


Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos "Algúns outros" (1991); "Da esfinxe" (1992); "As paisaxes compartidas" (1996), Premio Carvalho Calero; "Noites de papel" (1997), Premio Café Dublín; "Infidelicidades" (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas "Arqueofaxia" (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; "O xardín das pedras flotantes" (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e "Cegoñas ao fondo da ría" (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas "No outono das fragas" (1995); "Tanis I o Mocos" (Xerais 1998); "O que é a vida" (Xerais 2001); "Estanislao, príncipe de Sofrovia" (Xerais 2002); "Irmán do vento" (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; "Ela atopa un nome" (2005); "Unha pantasma no colexio" (2006); "O día despois do día" (2007); "Mundo Arb" (2011), Premio O Barco de Vapor; "Flor de área" (Xerais 2013) e "Ceiba de Luz" (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou "Animais de compañía" (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; "O patadón" (2001 Xerais); "Piñeco" (2004), e unha versión do clásico "A leiteira" (1999). No campo do teatro, é autor de "Auto do Entroido" (1995), Premio O Facho e "A música da noite" (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como "Muralla de Cresconio 2", "Galicia Solidariedade", "Premios Pedrón de Ouro 1990-1991", "Unha liña no ceo. 58 narradores galegos", "Novo do trinque", "Contos de chistes, portas e sorrisos", "Educación e Paz III. Literatura galega pola paz", "Limiaxinacións", e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor "Retranca" (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.
Descubre más sobre Manuel Lourenzo González
Recibe novedades de Manuel Lourenzo González directamente en tu email

Opiniones sobre TANIS I O MOCOS (4ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana