?Moitas veces marrei unha bóla que tiña segura. Tiven centos de oportunidades, tirei á portería, pero a pelota deu no largueiro, coouse polo fondo, desviouse no aire. Non sei canto tempo hai que empezou o partido. Posiblemente horas. Se cadra días. Non o sei, non lembro o comenzo?? Así comeza ?Tarxeta vermella?, o texto que dá título a este libro de relatos, onde o autor subverte a visión épica do fútbol a través dun monólogo de quen está a xogar un partido sen conciencia de si mesmo e que o vive como unha eterna condena. Ao xeito dun novo ?Inferno? semellante ao de ?!A Divina Comedia? de Dante Alighieri, este relato inquedante transmite unha crecente sensación de angustia e opresión, unha atmosfera na que paira o medo, o castigo, a violencia e a irracionalidade. Froito dun traballo de destilación de quince anos, esta colectánea de dezasete contos de Xosé Miranda, maiormente de carácter fantástico e con indubidable arrecendo onírico e memorialístico, constitúen unha homenaxe ás mitoloxías literarias dun dos autores máis lidos e valorados da narrativa galega da última década.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497820240
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/07/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 187.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Miranda
Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".