📗 Libro en gallego TECENDO PANOS

LAIOVENTO - 9788489896710

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de TECENDO PANOS

Tecendo Panos reúne nas súas páxinas os catro relatos galardoados no Certame de Narracións Breves“Manuel Murguia”nas suas VII e VIII convocatórias (1998-1999), concurso que convoca anualmente o Concello de Arteixo e que coordena desde a sua criación en 1991 o escritor Henrique Rabuñal, tamén responsábel da edición deste libro. Este volume suma-se aos intitulados Relatos (1995) e Airadas de palabras (1998) editados tamén por Laiovento. Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Álvarez, Manuel Riveiro Loureiro e David Pérez Iglesias, son autores, xa coñecidos dos leitores, que nos brindan, desde estéticas e perspectivas complementares, unha nova oportunidade de desfrutar da máxia concentrada e sublime de que se nutre o relato breve.Ilustración da capa: Urbano Lugrís Vadillo.

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788489896710

Idioma: Gallego

Número de páginas: 134
Tiempo de lectura:
3h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/03/2000

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 133
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Alfonso Álvarez Cáccamo


Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo 1952) é escritor e profesor. Colaborador habitual na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo. É autor e coordinador do blog de opinión «Pensamentos de Olafsson Mokk». Publicou os libros de poemas Na flor do vento (1999) e Sebes contra o vento (2009). Entre a súa extensa obra narrativa publicou as novelas Peito de vimbio, premio Café de Catro a Catro de Novela (Xerais, 1988); As baleas de Eduardo Reinoso, premio Xerais de Novela (Xerais, 1990); Xente de mala morte, premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1993); Catapulta (Xerais, 1995); O Espírito de Broustenac, premio Manuel García Barros de Novela (Xerais, 1996); O Bosque de Levas (2002); A revolución dos globos (2008); O Destino de Clarescura Lens (2012) e Os Gotten (Xerais, 2014).
Descubre más sobre Alfonso Álvarez Cáccamo
Recibe novedades de Alfonso Álvarez Cáccamo directamente en tu email

Opiniones sobre TECENDO PANOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana