leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego TEMPO DE CORRESPONDENCIA (ED. GALLEGO)

Edicións Xerais- 9788411107648

Estudios literarios Epistolarios

Sinopsis de TEMPO DE CORRESPONDENCIA (ED. GALLEGO)

Xurdido do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o outro, a outra.
Se a maior capacidade da palabra é a de contar, os autores destes textos cóntanse un ao outro, e nese acto enfíase un posible sentido do existir, da amizade, da literatura como paixón e como forma de vida, da música e do cinema, das lecturas, da infancia no tempo pasado e dos proxectos do tempo futuro. Mais tamén se reflexiona sobre a inmensa escuridade do tempo presente, sobre a depresión como pozo, como Negra Sombra rosaliana.
Talvez o noso maior acto de xenerosidade co resto das persoas sexa estarmos dispostos a comprender; mais para comprender é preciso comunicar. Estas cartas, xa que logo, representan por si mesmas esa posibilidade de darse, de entenderse, e esgazan o espírito dogmático do século: a barbarie.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411107648

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/01/2026

Año de edición: 2026

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 213.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Fraga y Xerardo Quintiá


Xesús Fraga
Xesús Fraga naceu en Londres en 1971. Entre 1996 e o 2025 dedicouse profesionalmente ao xornalismo. Como escritor, cultivou o relato, a narración xuvenil e a novela. As súas últimas obras son «Virtudes (e misterios)» (premios Blanco Amor 2019 e Nacional de Narrativa 2021) e «Río Miño. Unha viaxe entre solsticios» (premio Eurostars de narrativas de viaxe 2023). Traduciu ao galego e ao castelán obras de autores como Barnes, Nabokov, Plath, Orwell, Defoe e Kerouac, entre outros. En 2023 foi comisario dunha exposición arredor da memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido en barco. Na colección Narrativa de Xerais e en coautoría con Xerardo Quintiá, publicou en 2026 «Tempo de correspondencia».
Descubre más sobre Xesús Fraga
Xerardo Quintiá
Xerardo Quintiá (Friol, 1970) é poeta e narrador. Como autor de literatura infantil publicou «A verdadeira historia do burro Feldespato (2003), «Ke-Tumba Ke-Tamba» (2006), «Titiritesa» (2007), obra traducida ao castelán, francés, portugués, inglés e éuscaro, «O país do gran furado» (2019), Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, e «O corazón dos paxaros» (Xerais, 2023). Na colección Narrativa de Xerais e en coautoría con Xesús Fraga, publicou «Tempo de correspondencia» (2026).
Descubre más sobre Xerardo Quintiá

Opiniones sobre TEMPO DE CORRESPONDENCIA (ED. GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana