Este volume recolle a práctica totalidade dos traballos presentados na XII Xornada Científica Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), celebrada en Santiago de Compostela o día 9 de xuño de 2016, e que os seus autores reelaboraron para seren editados. O lector atopará, nas sete linguas da rede, reflexións moi variadas verbo do tema da xornada, que xirou nesta ocasión sobre Terminoloxía e normalización. Normalización entendida nos dous sentidos que esta palabra posúe en varias linguas románicas, a saber, por un lado, a extensión do uso da lingua naqueles contextos en que se considere preciso e, polo outro, a estandarización do corpus das linguas de especialidade. A rede Realiter, dende a súa creación, prestou atención prioritaria a estes dous eidos, ademais de á promoción do multilingüismo e a diversidade lingüística, e tamén ao desenvolvemento harmónico das linguas neolatinas.
Ficha técnica
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Da Usc
ISBN: 9788416954797
Idioma: Castellano
Número de páginas: 214
Tiempo de lectura:
5h 3m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/06/2018
Año de edición: 2018
Plaza de edición: España
Alto: 2.4 cm
Ancho: 1.7 cm
Peso: 440.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Nuñez Singala
Naceu en Lugo o 23 de setembro de 1963. A Terra Chá é a súa primeira patria, onde vive ata a adolescencia. Máis tarde, estuda, traballa e reside en Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e, finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingu¨ística.