TRILOXIA PANICA

Edicións Xerais - 9788483025086

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de TRILOXIA PANICA

Xosé Miranda ofrece neste volume tres narracións de terror: �Vestio�, �Lambirón� e �A neve e a cadeira�. En �Vestio�, arredor das vellas tradicións animistas e naturistas, que aniñan no máis fondo do ser galego, o autor constrúe unha historia actual, un tema que mete ó lector dentro da novela e dificilmente deixa fuxir. Unha novela curta que nos mergulla nos labirintos do ocultismo, un bo argumento para indagar na psicoloxía individual e social dos personaxes. En �A neve e a cadeira�, Miranda baséase na tradición popular para lle dar vida na súa narración ó demo. O lector sabe que o personaxe do mal, que lle vai infundindo tensión á narración, é dende o principio o demo �o forte cheiro a xofre despois de cada unha das mortes é inconfundible- pero Miranda logra aquí tamén resolver un final cheo de intriga e desolación.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483025086

Número de páginas: 136

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/06/2000

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS PETO - Literaria

Número: 000022
Alto: 17.5 cm
Ancho: 11.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 80.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Miranda


Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".
Descubre más sobre Xosé Miranda
Recibe novedades de Xosé Miranda directamente en tu email

Opiniones sobre TRILOXIA PANICA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana