"Ulises é unha alumna exemplar, pero Caraempanada decidiu suspenderlle Historia este curso. Cun pai anticuario, non se pode permitir tal cousa. Os seus pais deciden mandala a un campamento para rapazas na que poderá reforzar os seus coñecemento de Historia. E é que alí conviven rapazas de diferentes épocas históricas!
Nesta primeira aventura, Ulises e as súas cronoamigas chegarán á California dos anos 50 e coñecerán todos os detalles daquela década mentres aprenden a surfear!"
Ficha técnica
Editorial: Sushi Books
ISBN: 9788415920779
Idioma: Gallego
Edad de interés: Desde 13 años
Número de páginas: 198
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 27/05/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: España
Alto: 2.1 cm
Ancho: 1.4 cm
Grueso: 0.1 cm
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Érica Esmorís
Érica Esmorís (A Coruña, 1977) naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, desde o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das produtoras audiovisuais máis importantes de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora, foi recoñecida con importantes premios, como o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Nena e o mar» (Xerais, 2015), que volve gañar en 2025 con «Erin e o lobo»; o Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga con «Patio de luces» (Xerais, 2020), ou o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil con «Esta é a miña historia e terás que crela» (Xerais, 2025). Outros títulos da súa autoría son «O poder de Amabel» (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro, «Ulises e as cronoamigas» (2015), «Quen salva un can» (Xerais, 2019) ou o álbum ilustrado «Analfabeta» (Xerais, 2024), que asina xunto con Dani Padrón.