KALANDRAKA EDITORA, S.L. - 9788484647270
María bailaba. Oía a choiva e bailaba. Oía o timbre e bailaba. Oía os paxaros pola mañá e bailaba. E mesmo as cousas que ela tocaba daban en bailar. Sara quería debuxar o mundo. Subía ás árbores e debuxáballes mazás, miraba o ceo e debuxáballe estrelas, miraba as flores e debuxáballes vestidos. Xoán oía o que as cousas dicían porque, no canto de dúas orellas, tiña dez. Cando naceu, a súa nai preocupouse ao verlle tantas orellas, mais Xoán, que a oíu, amosoulle un gran sorriso. Cando Rodrigo inventou unha gran rede, cazou os planetas e púxoos a dar voltas dentro da súa casa, todos dixeron: Rodrigo é inventor!!! e daquela saíronlle anteollos. Antía, no canto de cabelos tiña flores. Por iso algunhas persoas pensaban que, en vez dunha nena, era un testo. Esta confusión non a amolaba porque sabía que, cando florecía, a súa cabeza era realmente fermosa. Cando Catarina naceu, imaxinou que era unha mazá. E, como para ela imaxinar algo e ser ese algo era o mesmo, co tempo foi un gran de arroz, un peixe e unha lagoa.
Especificaciones del producto
Escrito por María José Ferrada
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!