📗 Libro en gallego UNHA NOVA OLANDA

DE FERROL AO PORTO

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491517276

Economía industrial

Sinopsis de UNHA NOVA OLANDA

Galicia ten que pensarse como unha única cidade con varios nós.

Un diamante con vértices nas súas sete grandes cidades.

A trama urbana do país, ese heptágono fenomenal, está inmersa en procesos planetarios, onde as súas grandes empresas teñen a mirada posta en horizontes globais que son fiestras de oportunidade.

Galicia terá un horizonte se sabe combinar co Norte de Portugal un eixe atlántico que sexa un imán de atracción de investimentos, poboación, recursos e talento. A Galicia vénlle ben unha España en rede que tome en consideración a Portugal, onde o seu futuro será urbano, ou non, o que non é unha idea novidosa, pois xa Antolín Faraldo reclamaba no século XIX unha gran cidade como modo de promover o progreso e rachar o dominio das vellas elites.

Cada cidade galega ten o seu propio carácter. As identidades urbanas —A Coruña, Vigo, Santiago…— son un país ignoto por explorar.


Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491517276

Idioma: Gallego

Número de páginas: 218

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/10/2021

Año de edición: 2021

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Ensaio

Número: 110
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Antón Baamonde


Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes (1989), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A rosa sen porqué (1997), Aire para respirar. Memorias dun tempo presente (Xerais 2002) e o libro de entrevistas, La reinvención de España (2001); ademais de participar nos libros colectivos Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Feísmo? Destruír un país (2006) e Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Animou a revista e o foro Luces de Galicia e publicou numerosos ensaios e artigos tanto en xornais (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, Diario de Galicia) como en revistas (Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luzes de Galiza, Grial). Na actualidade colabora na sección de opinión de El País. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.
Descubre más sobre Antón Baamonde
Recibe novedades de Antón Baamonde directamente en tu email

Opiniones sobre UNHA NOVA OLANDA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana