📗 Libro en gallego V PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFONICO

Varios autores

XERAIS - 9788499142357

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de V PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFONICO

As novelas radiofónicas ou mesmo o teatro radiado tiveron a súa época dourada antes da chegada da televisión. Moita xente adoita identificar os xéneros da novela e mais do teatro radiofónicos cos melodramas sentimentais do tipo do último éxito deste xénero que se produciu en España nos comezos dos setenta, Lucecita, emitido pola cadea SER. Mais a novela e o teatro radiofónicos teñen no seu haber verdadeiros fitos na historia da cultura do século XX e dos novos medios, como a célebre emisión d´A guera dos mundos, de Orson Welles, en 1938. A Radio Galega recupera esta tradición do teatro radiofónico e neste sentido non merece esta iniciativa, que xa vai polo quinto ano de premios, máis ca parabéns. O libro reúne os autos (entendido o termo auto como peza breve de teatro, tanto relixiosa como profana) gañador e finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. A obra premiada, “Paraísos”, de Xosé Manuel Pacho Blanco, emprega o tópico (entendido tópico non de xeito pexorativo, senón como motivo ou recurso literario que se repite ao longo da historia) do teatro dentro do teatro, pois unha obra de teatro radiada vese interrompida pola noticia dun suposto accidente-atentado contra o Rei, que o fere gravemente e que ata causará a súa morte. A obra seguirá desenvolvéndose, mais cada pouco será interrompida sobre as noticias breves acerca da evolución da saúde do Rei.....

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788499142357

Idioma: Gallego

Número de páginas: 80
Tiempo de lectura:
1h 48m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 04/05/2011

Año de edición: 2011


Especificaciones del producto



Opiniones sobre V PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFONICO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana