Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña 2006Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña 2006. Velaquí a viaxe iniciática dun adolescente a Libunca, o país dos mortos. O encontro cos habitantes do Alén, e todo o proceso que tecen os designios para el e o seu pobo, converterán a súa viaxe nun camiño de maduración tras o cal nada será igual. Viaxar a Libunca será, pois, como viaxar no tempo. Polo tempo histórico, afastado pero sorprendentemente próximo, dun pobo, e a través do tempo persoal dun rapaz que está a descubrir a vida.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788471540812
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Tiempo de lectura:
2h 46m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/05/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
Costa Oeste
Costa Oeste
Número: 57
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Antonio Yáñez Casal
Antonio Yáñez Casal (Ferrol, 1959) foi finalista por dúas veces do Premio Merlín, no ano 2005 con Natasha e Dimitri (Xerais, 2006) e no ano 2009 con Xoa (Xerais, 2010), Premio Frei Martín Sarmiento, (categoría 3º - 4º Primaria), 2012. Gañou en 2006 o Premio Raíña Lupa con Viaxe a Libunca (2007), certame do que foi finalista na edición do ano 2000 con Don Cosme e o telegrama amarelo (2004), e na do 2004 con Crisóstomo o alifáfaro (2006). Ese mesmo ano conseguiu tamén o Premio Meiga Moira con Lóbez (2006). En 2007 gañou o Premio Abrente con Octavius Augustus (2009). En 2012 publicou Vento galerno (Xerais), finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, e A complicada vida de Bieito Viqueira.