📗 Libro en gallego VIDAS POST-IT

Edicións Xerais - 9788499141817

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de VIDAS POST-IT

Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela.Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados.Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela.Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados.Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499141817

Idioma: Gallego

Número de páginas: 136
Tiempo de lectura:
3h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 23/09/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 218.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Iolanda Zúñiga


Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975). Naceu propulsada pola forza centrífuga do baby boom dos setenta. Aleitouse do cheiro a peixe fervendo en hercúleas olas a presión. Medrou na amable periferia rural dunha ruda cidade industrial, nun tempo no que as fábricas conserveiras desaparecían, o artesanado nos productos do mar minguaba e para eses espazos proxectábanse apartamentos de luxo. Xogou ao funambulismo sobre as vías dun tranvía extinto e a capturar soños cun ganapán furado. Desenvolveu media ducia de oficios. Últimamente escribe. Publicou o poemario ''Amor amén'' (Xerais 2008), e os libros de relatos ''Vidas post-it'' (Xerais 2007) e ''Noites de Safari'' (Xerais 2018). Con ''Periferia'' obtivo o Premio Xerais de Novela 2010.
Descubre más sobre Iolanda Zúñiga
Recibe novedades de Iolanda Zúñiga directamente en tu email

Opiniones sobre VIDAS POST-IT


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana