Pedro Feijoo, produtor musical e actual baixo de Lamatumba e anteriormente de Los Feliz e Kgben, neste libro desmiúza desde dentro o mundo da música popular en Galicia. Prologado polo escritor Suso de Toro e contando cun epílogo do músico e compositor Miguel Costas (Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz) ¡Viva o Fu Remol! ofrece de forma divertida, aguda e moi documentada un repaso á historia doméstica da música pop, ou popular, en Galicia e no noso tempo, de Jimi Hendrix e os Clash a Suso Vaamonde e Andrés Dobarro ou dos Ramones e Beatles a Resentidos e Diplomáticos… Consti-túe, ademais, unha auténtica guía e libro de instrucións para os mozos e mozas que pretendan adentrar-se no mundo do rocanrol, sexa analizando os problemas para formar unha banda, as posibilidades existentes para gravar as súas maquetas ou cómo realizar os primeiros concertos. Unha reivindicación da dignidade do traballo dos músicos. Un libro imprescindible para coñecer os acordes secretos do Fu Remol.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497823524
Idioma: Gallego
Número de páginas: 256
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/10/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Música
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Música
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.1 cm
Grueso: 1.9 cm
Peso: 388.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Pedro Feijoo
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019); «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela, e «»Onde nacen as bestas» (Xerais, 2025). Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás. Fotografía do autor: Xurxo Lobato