Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas. E é que había tempo que naquel lugar non viña ao mundo unha xoaniña. Os veciños foron un por un darlle os parabéns á nai, que acoleiraba a Xoa con dozura.Todos coincidiron en que nunca unha xoaniña tan feita e tan garbosa adornara o campeiro, e iso celebrárono rillando nuns pulgóns moi sabedeiros escollidos para a ocasión.Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas. E é que había tempo que naquel lugar non viña ao mundo unha xoaniña. Os veciños foron un por un darlle os parabéns á nai, que acoleiraba a Xoa con dozura.Todos coincidiron en que nunca unha xoaniña tan feita e tan garbosa adornara o campeiro, e iso celebrárono rillando nuns pulgóns moi sabedeiros escollidos para a ocasión.
Ficha técnica
Ilustrador: Rodrigo Chao
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499141640
Idioma: Gallego
Número de páginas: 136
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/10/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 212.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Antonio Yáñez Casal
Antonio Yáñez Casal (Ferrol, 1959) foi finalista por dúas veces do Premio Merlín, no ano 2005 con Natasha e Dimitri (Xerais, 2006) e no ano 2009 con Xoa (Xerais, 2010), Premio Frei Martín Sarmiento, (categoría 3º - 4º Primaria), 2012. Gañou en 2006 o Premio Raíña Lupa con Viaxe a Libunca (2007), certame do que foi finalista na edición do ano 2000 con Don Cosme e o telegrama amarelo (2004), e na do 2004 con Crisóstomo o alifáfaro (2006). Ese mesmo ano conseguiu tamén o Premio Meiga Moira con Lóbez (2006). En 2007 gañou o Premio Abrente con Octavius Augustus (2009). En 2012 publicou Vento galerno (Xerais), finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, e A complicada vida de Bieito Viqueira.