Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diaspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de porlles cara e, ainda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas suas vidas. Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamen daqueles que verdadeirament se lucraron do gran negocio da emigracion e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza a luz das ultimas investigacions. Un libro imprescindibel para saber quen somos.
O Piloto, o último guerrilleiro
(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965)
Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en
"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...".
Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela pro
A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamen esperanza, calma e resignacion... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccions de vida que nos explican o pasado (a proclamacion da Republica, a Guerra Civil como soldado e as relacions humanas).Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital.Literatura con maiusculas, con emocions que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazon como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a sua lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. A morte de meu pai: un libro que as lectoras e lectores faran seu, como se fosen o narrador ou o protagonista.